Metidos
en pleno conflito do leite, non nos faltan datos nos medios de
comunicación para dicirnos canto deben cobrar os produtores e
produtoras. Pero a información publicada hoxe por un medio de
comunicación roza xa o esperpento máis espectacular!
Cito
textualmente: producir un litro de leite custa 0,276 “coste de
producción en granja”. Que barbaridade!
Xestión
Agrograndeira e Natureza SL leva máis de 20 anos traballando en
xestión de explotacións gandeiras, estudando custos de produción.
Os gandeiros e gandeiras que traballan con nós non son dos que teñen
os custos de produción maiores, xa que, precisamente, están
estudando detalladamente os seus custos de produción para ir
reducíndoos. Pois miren por onde, o custo de produción medio, con todos os custos incluídos, no ano
2014, foi de 0,3705€/litro, ben lonxe dos 0,276€ publicados!
Claro,
se cadra quen traballa non debería cobrar nada polo su traballo: ao
fin e o cabo, estamos en crise, non é? Pois aínda así, sen
remuneración familiar, o noso custo é de 0,3394€/l!
Ou
sexa, só cabe unha conclusión: quen afirma con rotundidade, dende a
fama de ser un “experto” ou “experta”, que producir un litro
de leite agora mesmo neste país custa menos de 0,30€/l non debe
nin saber que o leite o producen as vacas. Nós, sí: é o noso
traballo diario.
Esta clara a intencionalidade: inducir a pensar que os gandeiros e gandeiras se pasen un montón reclamando pagos de 0,34€.
Esta clara a intencionalidade: inducir a pensar que os gandeiros e gandeiras se pasen un montón reclamando pagos de 0,34€.
Agora
ben: que se pode producir o leite a 0,276€? e menos? Claro que si!
Pero para isto, necesitamos base territorial, superficie, banco de
terras, unha organización do sector, presión para que funcionen as
mesas de negociación intersectoriais, formación de produtores e
asesores, etc... E dicir fainos falta vontade política que pule por
un sector produtivo básico da nosa economía. Pero seica neste país
nos interesa máis facilitar que os cartos os leven os franceses, a
través de Citroën, ou os madrileños do hospital agora privado de
Vigo...
Xan
Pouliquen Kerlau
Xerente
de Xestión Agrogandeira e Natureza SL