Aquí el texto en castellano.
Ao final deste post, o índice do libro.
A produción e consumo de
alimentos ecolóxicos están crecendo a un ritmo acelerado nos
últimos tempos. Leite e produtos lácteos ocupan un espazo cada vez
maior nos puntos de venda. Son cada vez máis as persoas que
preguntan: é posible? Como? A produción ecolóxica de leite é algo
innovador e moderno, e, polo tanto, descoñecido. Algúns aínda cren
que producir ecolóxico é volver ás cavernas, ter ingresos
ridículos, ou simplemente, que é imposible. Neste contexto, a falta
de coñecemento e de formación son freos moi importantes ao
desenvolvemento dunha produción rendible de leite ecolóxico.
“Producir leite de vaca
ecolóxica”, é o primeiro libro en castelán que aborda esta
cuestión. Está destinado a produtoras, técnicos, xestoras,
provedores; en suma, ao sector leiteiro no seu conxunto. Ofrece unha
visión global da realidade técnica da produción de leite
ecolóxico. Con moitas ilustracións e unha preocupación constante
para describir as técnicas e prácticas concretas, esta guía debe
facilitar a implantación e mellora de granxas ecolóxicas, a prol
dunha produción de leite ecolóxico económicamente rendíbel á vez
que ambientalmente sostible.
O libro recolle todos os
aspectos ligados á produción ecolóxica de leite.
Tras unha introdución curta e
unha clarificación teórica tamén breve, realízase un breve repaso
á normativa da produción ecolóxica. Identifícanse ás diferenzas
máis significativas respecto da produción convencional, sen entrar
en detalles normativos. Un dos aspectos nos que se fai fincapé é o
relativo áos edificios e construcións da granxa, para ver cómo
deben ser as instalacións para gando ecolóxico.
O apartado seguinte trata das
cuestións relativas á estratexia de reprodución, tocándose, entre
outros, as técnicas de agrupación de partos ou o papel dos machos.
Estúdase o relativo ás razas, destacándose o interese da frisona,
evidentemente, pero presentando tamén os complementos posíbeis con
outras razas.
Posteriormente se presenta una
serie de capítulos centrais sobre o manexo da alimentación do gando
ecolóxico. Dedícase un apartado extenso sobre o pastoreo, que mesmo
pode ser consultado por produtores convencionais. Con un enfoque que
se pretende práctico, aprendemos como deseñar parcelas de pastoreo,
como debemos pastar, se con máis animais, menos, con parcelas máis
ou menos grandes, con periodicidade máis ou menos extensa, etc...
Este aspecto é de gran importancia nas explotacións ecolóxicas, na
medida en que, si ben é fácil levar unha vaca a unha parcela, seica
non é tan doado sacar o máximo rendimento económico da produción
de leite que sacamos de esta parcela. Esta optimización económica
esta relacionada á súa vez coa alimentación complementaria que
damos aos animais, tanto pensos como forraxes, o que constitúe un
apartado en sí. E para rematar este núcleo central, se dá unha
ampla revisión sobre a produción de alimentos na explotación, sexa
herba, millo u outros cultivos. En efecto, todos estes deben ir
cultivados sen produtos químicos, o que implica certos cambios
técnicos respecto do que adoitamos facer en convencional.
O capítulo 9 trata de
sanidade animal. Nel, detémonos sobre as causas dos problemas
sanitarios das vacas, e ofrecemos solucións alternativas aos
tratamentos convencionais.
Non poucas explotacións
ecolóxicas, ademáis de producir, realizan algún tipo de
transformación ou distribución. De alí que o libro se pare para
describir as distintas posibilidades, como xeito de ampliar as vistas
no sector, mostrando que a venda a industria, sen máis, non é o
único camiño posíbel.
Finalmente, non podía rematar
a obra sen que se presentase o importante, a saber: é rendíbel
producir leite ecolóxico? Evidentemente, o libro escribiuse porque a
resposta é afirmativa, o que se evidencia ofertando un estudo dos
resultados económicos obtidos por explotacións ecolóxicas galegas.
Para rematar, realízase un
resumo que explica os pasos a seguir por unha explotación que queira
cambiar o seu sistema produtivo, e pasarse a ecolóxico, apuntando
directamente aos pasos adminsitrativos, técnicos e tamén mentais
que terán que darse na granxa.
En definitiva, un libro que
debe permitir mostrar ao sector lácteo que a produción ecolóxica é
posíbel, á vez que rendíbel.
TABLA
DE CONTENIDOS
1.INTRODUCCIÓN 3
2.ENFOQUE AGROECOLÓGICO 9
3.NORMATIVA 15
3.1 REGISTRO Y
TRANSICIÓN 16
3.2 EL CULTIVO
ECOLÓGICO 17
3.3 ANIMALES:
PROCEDENCIA Y RAZAS 18
3.4 ESPACIOS,
CARGA GANADERA Y EDIFICIOS 19
3.5
ALIMENTACIÓN 20
3.6 REPRODUCCIÓN
Y SANIDAD 21
4.CONSTRUCCIONES 23
5.REPRODUCCIÓN, RAZAS, GENÉTICA 27
5.1.RAZAS 27
5.2.REPRODUCCIÓN 34
5.2.1.REPRODUCCIÓN
Y REPOSICIÓN 34
5.2.2.INSEMINACIÓN
VS TOROS 36
5.2.3.AGRUPACIÓN
DE PARTOS 38
6.PASTOREO 41
6.1.EL PASTO 42
6.2.LA VACA 45
6.3.EL PASTOREO 47
6.3.1.TEORÍA 47
6.3.1.1.TIEMPO
DE REPOSO 50
6.3.1.2.TIEMPO
DE PERMANENCIA 51
6.3.1.3.CARGA
INSTANTÁNEA 51
6.3.1.4.PRODUCTIVIDAD
ANIMAL 52
6.3.2.SISTEMAS
Y TÉCNICAS DE PASTOREO 55
6.3.2.1.¿QUE
PARCELAS PASTAR? 55
6.3.2.2.¿CUÁNDO
PASTAR? 58
6.3.2.3.¿QUÉ
HACEMOS CUANDO NO HAY PASTO? 61
6.3.2.4.CON
QUE ANIMALES PASTAMOS? 62
6.3.2.5.MANERAS
DE PASTOREAR 64
6.3.2.6.LA
AGRUPACIÓN DE PARTOS 65
6.3.3.DISEÑO
DEL PASTOREO 67
6.3.3.1.PARCELAS
FIJAS, PERO ¿PORQUÉ? 67
6.3.3.2.¿CUÁNTAS
PARCELAS Y DE QUÉ TAMAÑO? 68
6.3.3.3.EL
TURNO DE PASTOREO 70
6.3.3.4.NUNCA
DIVIDIMOS PARCELAS? 74
6.3.3.5.INFRAESTRUCTURA
DEL PASTOREO: CAMINOS Y AGUA 76
6.3.4.APRENDIZAJE 77
7.ALIMENTACIÓN 81
7.1.PRINCIPIOS
TEÓRICOS 81
7.2.COMPLEMENTACIÓN
DEL PASTO 84
7.2.1.COMPLEMENTACIÓN
CON CONCENTRADOS 85
7.2.2.COMPLEMENTACIÓN
CON FORRAJES 87
7.2.3.COMPLEMENTACIÓN
EN LA PRÁCTICA 88
7.3.MANEJO DE LA
RECRÍA 92
7.4.MÉTODO
OBSALIM® 95
8.PRODUCCIÓN DE ALIMENTOS 99
8.1.FERTILIZACIÓN 99
8.2.HIERBA 105
8.2.1.ESPECIES
Y VARIEDADES 105
8.2.2.OPERACIONES
DE CULTIVO 111
8.2.3.SECADEROS 114
8.2.4.CONTROL
DE PLAGAS, ENFERMEDADES Y ADVENTICIAS 116
8.2.5.PRODUCTIVIDAD 120
8.3.MAÍZ 122
8.3.1.VARIEDADES 122
8.3.2.OPERACIONES
DE CULTIVO 123
8.3.3.PRODUCTIVIDAD 127
8.4.MEZCLAS
CONCENTRADAS 128
8.5.OTROS
CULTIVOS 129
8.6.BIODIVERSIDAD:
UN FACTOR CLAVE 130
8.6.1.DIVERSIDAD
DE RAZAS 130
8.6.2.ROTACIÓN 130
8.6.3.COMPLEMENTOS
ALIMENTICIOS Y MEDICINAS 131
8.6.4.SETOS
Y ÁRBOLES 132
9 SANIDAD 135
9.1 PRINCIPIOS
TEÓRICOS 136
9.1.1
LA MEDICIÓN DE LA SALUD 137
9.1.2
RAZAS 138
9.1.3
INTENSIFICACIÓN 139
9.1.4
ALIMENTACIÓN 140
9.1.5
PASTOREO 141
9.1.6
BIENESTAR 143
9.1.7
EL ORDEÑO 145
9.1.8
ESTRÉS Y RELACIÓN CON EL JEFE/ LA JEFA 145
9.2 TERAPIAS
ALTERNATIVAS 146
10.SISTEMAS DE VENTA 151
10.1.VENTA A
INDUSTRIA 151
10.2.ENVASADO,
TRANSFORMACIÓN, DISTRIBUCIÓN 152
10.3.SISTEMAS DE
DISTRIBUCIÓN 155
11.RESULTADOS ECONÓMICOS 159
11.1.RENTABILIDAD
ECONÓMICA: ECOLÓGICO VS CONVENCIONAL 160
11.2.RESULTADOS
ECONÓMICOS: EVOLUCIÓN 166
12.TRANSICIÓN 173
12.1.ÁMBITO
TÉCNICO-ADMINISTRATIVO 173
12.2.CAMBIO
MENTAL 177
13.CONCLUSIÓN 181
ENLACES DE INTERÉS 185
BIBLIOGRAFÍA 187