Descargar
A primeira conferencia das xornadas sobre alimentación ecolóxica, vaina dar Maria Dolores Raigón Jiménez, Presidenta da Sociedad Española de Agricultura Ecológica.
Existe certa polémica e torno aos alimentos ecolóxicos: son máis sano, non son máis sanos? Evidentemente, os sectores agroalimentarios multinacionais tenden a negar as diferenzas entre alimento ecolóxico e convencional, aportando profusión de estudos que apoien esta tese, e negando a existencia de estudos científicos rigurosos que mostran o contrario.
Catedrática de Escola Universitaria
da Universidad Politécnica de Valencia, Doutora Enxeñeira Agrónoma, e experta en agricultura ecolóxica, Maria Dolores Raigón Jiménez leva máis de 15 anos traballando sobre calidade de alimentos e saúde. Nos últimos anos
traballa no estudo da relación entre modo de produción (convencional-ecolóxico) e a concentración de determinados principios nutritivos dos productos hortofrutícolas.
E, pois, persoa moi coñecedora das cualidades dos alimentos ecolóxicos. Esta claro que a súa conferencia promete darnos moita información sobre ese debate.
María Dolores Raigón Jiménez ten sido distinguida con importantes premios: Premio Víctor Moreno Márquez, Premios sobre estudios de
agroentorno pola Fundación Bancaixa, premio Andrés Núñez de Prado,
Premio a la defensa del Medio Ambiente, da Fundación Social
Universal...
Ningún comentario:
Publicar un comentario