xoves, 18 de decembro de 2014

Consecuencias do rexeitamento do PDR Galego pola UE para as explotacións














 

O rexeitamento do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia vai ter moitas consecuencias nas explotacións: produción ecolóxica, aconsellamento, proxectos AGADER, GDRs, etc etc...



Informacións publicadas recentemente revelaron que o Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR) non gustou en absoluto en Europa; tanto que formulou a menudencia de... 400 perguntas a contestar e modificacións a realizar !

O artigo publicado desvirtúa certamente o contido real do rexeitamento de Bruxelas. Non todo é cuestión de política forestal! Evidentemente, insistir sobre este extremo non é imparcial, e permite ao xornal criticar a actuación da Consellería do Medio Rural, favorecendo á vez os intereses forestais aos que a mesma Consellería está dando moita, moita cancha, en detrimento de agricultura e gandería. Critico, pero non moito, non vaia ser que me retiren os millóns de subvencións anuais directas que cobra o citado xornal...

Pero, imos ao importante:

A negativa de Bruxelas vai supor un inmenso retraso nas medidas de desenvolvemento rural!

O PDR é o que define todas as liñas de financiamento e actuación que teñen que ver con desenvolvemento rural.

Ao formular esas 400 observacións, proceso nada habitual, a UE obriga á Consellería a contesta-las. E xa sabemos como son de rápidos os procesos administrativos! E despois, aínda a UE terá que avaliar de novo o PDR así corrixido.

E posíbel que haxa que iniciar un proceso algo participativo, polo menos para dar impresión de cumprir, o que asegura un proceso aínda máis lento!


As estimacións dan un retraso ao redor de 6 meses mínimo...

en concreto:

  • E moi probabel que non se podan solicitar cando a PAC as axudas para a nova fórmula de CES, para a produción ecolóxica. A convocatoria, si é que sae no 2015, sairá probabelmente máis ben no 3º trimestre. (si é que se convoca...)
  • O mesmo vai pasar co aconsellamento, que se empeñan en sacar de xeito totalmente caótico.
  • O mesmo para GDRs, AGADER, etc... etc...
Preparémonos, pois, a non podermos recibir esas axudas tan importantes para o desenvolvemento rural atá o 2016...

Velaí como se coida o noso medio rural e se asegura rendibilidade das actividades económicas agrarias. Seica é máis importante o automóbil e o turismo... Sen máis comentario.
















1 comentario: