Neste post, presentamos brevemente os puntos importantes do decreto 125/2014 da Xunta de Galicia, que regula a venda directa de produtos do campo.
EMPEZA A APLICARSE O 20 DE OUTUBRO
Que regula?
Venda directa, na Galiza, de:- mel, pole, própole, xalea real
- ovos
- froitas e froitos silvestres
- legumes e hortas
- cogomelos
- cereais
Para venda directa onde?
- Na casa
- En mercados e feiras
- En tendas minoristas, que vendan directamente ao consumo final, agás os ovos.
Requisitos
- Ser explotación agraria (inscrita no Rexistro REGA): o decreto, realmente, esta a prohibir expresamente a venda directa para quen non estea rexistrado como explotación agraria.
- Inscribirse nun rexistro especial de venda directa (SEVEDI)
- Ter un rexistro de vendas (que vendes, onde, cando, a que tenda)
- Só os produtos que produce a explotación
- Só poden vender familiares directos ou persoal da explotación
Volumes máximos
Non se pode vender máis cantidades cas indicadas na táboa:Produto | Unidade | Cantidade |
Mel | Kg | 3.000 |
Pole | kg | 450 |
Própole | kg | 30 |
Xalea real | kg | 10 |
Ovos | ducias | 1.000 |
Amorodo | kg exterior | 5.000 |
kg invernadoiro | 10.000 | |
Kiwi | kg | 13.000 |
Outras froitas | kg | 20.000 |
Hortas | kg exterior | 20.000 |
kg invernadoiro | 40.000 | |
Legumes | kg exterior | 10.000 |
kg invernadoiro | 24.000 | |
Pataca | kg | 20.000 |
Cogomelos | kg exterior | 500 |
kg invernadoiro | 2.500 | |
cereais | kg | 5.000 |
Presentación dos produtos
Nada especial se vendes na casa, etiquetaxe se vendes no mercado ou en tenda. A etiqueta debe seguir normativa, entre outros: nome, enderezo e rexistro REGA. Se é venda á tenda (granel, caixa), podería bastar esta indicación na factura/albarán; se o produto vai envasado, debe haber etiqueta.Que hai que facer?
Se a produción non esta dada de alta como explotación agraria, entendemos que o que fai o decreto é prohibir totalmente a venda. Que cada un/ha decida o que queira/poda facer...Se a explotación esta inscrita no REGA, só hai que cubrir un impreso. No momento de entrega-lo, xa podes -legalmente- vender deste xeito.
Descargar o decreto