Facendo ensaios...
Se non sabes, mellor é probar antes ca preguntar?Con esta idea, montamos un ensaio, para ir probando varias variedades de patacas, probando a súa resistencia aos ataques da mera, ou mildeu, ou mancha, ou néboa, como o queirades chamar.
O ensaio
O ensaio planeouse de xeito conxunto con Millo e landras, que nos prestaron o sitio, plantaron, coidaron, apuntaron, recolleron... Ou sexa, unha colaboración inestimábel, nun proceso onde técnicos (nós) e produtores (eles) entendemos que podemos mellorar moito a produción se traballamos xuntos i en pe de igualdade. Probamos 8 variedades distintas, dispoñíbeis en produción ecolóxica, que selecionamos segundo resitencia á mera, dacordo coa información comercial e científica recopilada anteriormente. As patacas non recibiron tratamento ningún, nin cobre, nin cola de cabalo, nada.Resultado: unha barbaridade!

Aquí tedes o número de patacas de cada variedade na parcela elemental de ensaio. A 5 destaca e moito, i é normal: non foi tocada en absoluto pola enfermidade. Velaí unha variedade resistente á mera!
Variedade | nº patacas | ||||
3 | 48 | a | |||
7 | 64 | a | |||
8 | 76 | a | b | ||
1 | 79 | a | b | ||
6 | 80 | a | b | ||
4 | 104 | b | c | ||
2 | 126 | c | |||
5 | 165 | d |
Como se nota que algunha variedade esta
totalmente impecábel, namentres outras
estan xa todo queimadas pola mera!

E aquí, os quilos de pataca producida en cada parcela elemental. E dicir: nunha mesma parcela, sen facer nada, simplemente por usarmos unha variedade u outra, recollemos 1,5 kg de pataca para vender, ou recollemos 14 kg! Outra volta destaca a variedade 5, xunto coas 2, 4, i, en menor medida, a 8, a Kennebec.
variedade | Peso vendíbel | ||||||
7 | 1,508 | a | |||||
3 | 2,178 | a | |||||
6 | 4,480 | b | |||||
1 | 6,013 | b | c | ||||
8 | 6,487 | b | c | d | |||
4 | 7,280 | d | |||||
2 | 8,400 | d | |||||
5 | 14,492 | e |
EN CONCLUSIÓN
Entre os métodos de loita contra das enfermidades en ecolóxico, sempre pensamos en caldo bordelés, en cola de cabalo. Pero é que as variedades tamén teñen distintas sensibilidades. O cultivo ecolóxico de variedades de pataca resistentes á mera, na Galiza, ten moito futuro!
Esta é a variedade 5 en cuestión, totalmente resistente ao mildeu.
Aínda non dispoñíbel no mercado. Pronto?
No inverno, faremos unha comparación da conservación,
e análise de calidades organolépticas.
Informaremos...
Aínda non dispoñíbel no mercado. Pronto?
No inverno, faremos unha comparación da conservación,
e análise de calidades organolépticas.
Informaremos...