BREVE COMENTARIO SOBRE O BORRADOR DE PLAN DE DESENVOLVEMENTO RURAL GALEGO, DOCUMENTO QUE REGULARA TODO ISTO.
XERALIDADES:
Vaise manter básicamente o mesmo razoamento que até a data: compromisos a 5 anos, pagamentos por superficie, imposibilidade de subir superficie comprometida, necesidade de entidade de aconsellamento.
PRODUCION ECOLÓXICA
Agricultura:
- as cantidades seguen a ser ridículas para explotacións de horta, non van a beneficiarse destas medidas (575€/ha de invernadoiro..., 420 en aire libre...)
- froitas e castaño: interesante para eles: 345 e 155€/ha, respectivamente
- viño, grande beneficiario: 790€/Ha
Gandería:
As contías suben. Pero... fan-se incompatíbel con outras medidas. O resultado final é que en gandería as contías baixan respecto dos anos anteriores: 345€/ha en reconversión, 300 despois. (antes, case era perto de 400).
Hai cambios tamén respecto de que terras entran e cales non (queda fóra o monte en man común!)
Só se poden completar con axudas a razas autóctonas.
OUTRAS MEDIDAS AGROAMBIENTAIS E OUTRAS:
Indemnización Compensatoria (montaña e outras, o que se chamaba zonas desfavorecidas)
Apicultura
Razas autóctonas
Produción integrada (só patacas, viño, kiwi... produción certificada)
Rede Natura
Mantemento sostíbel de pastos:
- xestión sostíbel de pastos: ven sendo pastoreo, seica máis tirando para
vacas de carne: 130€/ha
- Extensificación da produción de leite: para pastoreo 180€/Ha
CONCLUSIÓN:
- sistema moi semellante aos anos anteriores, menos esixente
- algunhas medidas desaparecidas
- aumenta incompatibilidade
- redución global de contías
Hai que ir preparandose para solicitude a facer no 2015. Por temas de prepararse, carga gandeira e inscricións en CRAEGA:
- quen queira pasar a leite ecolóxico debería pensa-lo XA
- quen queira acollerse ás medidas de pasto, tamén, pensa-lo XA