AS NOSAS ACTIVIDADES EN CENTRO COMERCIAL EN CORUÑA
Velaí o resumo dun dos 4 obradoiros que estamos a facer no centro comercial "Espacio Coruña", dentro das actividades que temos concertadas ao redor de educación ambiental e horta urbana.
Aprendimos a facer xabrón e pasta de dentes. Explicamos os distintos tipos de xabrón que se poden facer, e como é unha actividade para nenos e adultos, fixemos un xabrón de glicerine e lavanda.
Tamén presentamos as distintas especies de plantas que se usan nas receitas, e os seus usos mediciñais.
Foi unha tarde entretida, na que nenos e adultos puideron participar conxuntamente; ata tivemos un bebé que se portou de marabilla.
Pasamos un rato agradábel, e dende aqui queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron, que colaboraron con moi boa gana e nos facilitaron moito o traballo.
ELABORACION DE XABRÓN DE LAVANDA
1 culleiriña de flor de lavanda
3 gotas de aceite escencial de lavanda
40 gr de glicerina
(estes 3 ingredientes, atopámolos en drogaría)
microondas ou 2 cazos para cocer ao baño maría
molde
culler
bol de cristal
morteiro
alcohol 60º ou 90º
(opcional) Machacamos as flores no morteiro
quentamos a glicerina no bol, pouco a pouco, para evitar que quenza
en exceso (no microondas, poñemos pouto tempo e pouca temperatura)
removemos para compreobar que esta totalmente desfeito, e botamos as flores e o aceite escencial
removemos e botamos en molde. Se o molde é pouco flexíbel, botar aceite antes de botar o xabrón
inmediatamente, vaporizamos con alcohol para evitar que saian burbullas
deixamos enfriar, e despois deixamos na nevera. Após 5 horas, demoldamos.