A MONOMUXIDURA COMO ALTERNATIVA FRONTE AO AUMENTO DE CUSTOS DA PRODUCION INTENSIVA
Dixestes "monomuxidura"? E unha estratexia oposta a mercar robot ou a muxir 3 e 4 veces ao día: consiste en muxir só unha vez ao día. A organización do traballo na explotación cambia radicalmente, con sistemas que, ben levados, non teñen por que significar perda de rendibilidade.
INTERESE:
- Redución dos custos de produción
- ligados ao muxido (luz, traballo...)
- ligados á produción (alimentación, sanidade...)
- Redución do traballo (do 15 ao 20%)
- Reorganización do traballo, novos horarios, maior flexibilidade
- Mellor aproveitamento do pastoreo (distancias)
- Suben as calidades (0.28 puntos en graxa, 0.15 en proteina)
MODALIDADES:
- Todo o rabaño muxido unha única vez ao día
- Todo o rabaño muxido unha única vez ao día nun momento do ano
- Todo o rabaño muxido unha única vez o día, un día a semán
- Parte das vacas muxidas unha soa vez
A modalidade elexida depende de:
- Raza
- Se hai agrupamento de partos ou non
- Obxectivos xerais polo que se implanta (fundamentalmente: organización do traballo)
RENDIBILIDADE:
Pérdese un 25% da produción por animal en volume líquido; en sólidos (ou leite ao 4%), a perda é menor. A perda económica por redución de litros vendidos compensase por
- un aumento das cabezas onde existan condicións para iso (base territorial, construccións...)
- mellor, polo cambio correspondente na ración e o mellor aproveitamento en pasto, no seu caso.
O QUE NON SE DEBE FACER:
Pasar de dous muxidos a un, con vacas frisonas, dun día para outro, todo o ano, o que nos levaría a:
- perda de máis de 25% da produtividade
- secado temprano de animais
- forte incidencia de mamites e reconto celular
O QUE SE DEBE FACER:
- Pensar que modalidade é a que se adecúa ás nosas condicións e organización do traballo
- Comprobar adecuación da raza á modalidade que elixamos
- Planea-la transición
- Revisar a ración
Ningún comentario:
Publicar un comentario