martes, 2 de xullo de 2013

Resultados económicos en produción de leite, tamén en ecolóxico

FRONTE A SUBIDA DOS CONCENTRADOS E PREZOS DE LEITE BAIXOS, INTERESA REDUCIR A INTENSIFICACIÓN


Os resultados das nosa explotacións mostran que as que mellor saen paradas neste contexto son as explotacións que controlan mellor os seus custos de produción. Nestas condicións, as explotacións ecolóxicas e as explotacións que fan leite con pastoreo estan a sortear moito mellor a situación. Isto é o que mostra a gráfica seguinte:










A pesares de vender moito máis litros, as explotacións máis intensivas non sacan tantos beneficios coma as outras. Isto débese a que os seus custos de  produción son moito máis elevados, polo tipo de producción que realizan. Básicamente, falamos dos custos en alimentación, é dicer, da grande cantidade de pensos e forraxes que mercan fóra da explotación.

Velaí unha oportunidade que poderían estudar as explotacións máis intensivas que teñen condicións potenciais para facer unha produción máis extensiva (que non todas poden face-lo, evidentemente).

O grupo de xestión de Xestión Agrogandeira e Natureza debatiú estes datos na súa xuntanza anual. Estes resultados acaban de publicarse no nº 105 da revista afriga.




Ningún comentario:

Publicar un comentario