mércores, 3 de xullo de 2013

Rendibilidade da produción de leite ecolóxico

Segundo denuncia o coñecido empresario?/sindicalista?/gandeiro? Leandro Quintas, ou segundo do titular do xornal que o publica, non sería rendíbel producir leite ecolóxico (ver artigo). Xestión Agrogandeira e Natureza leva quince anos traballando cos datos económicos das explotacións, con algunha explotación ecolóxica con casi dez anos de experiencia. Os nosos datos permíten-nos afirmar con toda rotundidade que


A produción de leite ecolóxico é polo menos tan rendíbel como a produción convencional






Xa publicamos algunha reflexión neste senso neste blog. En complemento, sobre o aparecido no artigo citado, cabe aportar os seguintes elementos:

  • como en produción convencional, hai sistemas que xeran máis ou menos cartos, explotacións que traballan mellor e explotacións que traballan pior. O sistema de produción seguido pola explotación en cuestión, se cadra, non era un sistema axeitado para a produción ecolóxica rendíbel. De feito, a labor de asesoramento técnico que realizamos é precisamente para axudar a gandeiras e gandeiros a poñer en marcha técnicas que sexan rendíbeis, para que eviten ceros erros que, posibelmente cometeu a explotación en cuestión.

  •  Todavía se pensa que producir ecolóxico é facer o mesmo que en convencional, pero sen abonos e con pensos ecolóxicos. Este tipo de enfoque leva a facer unha produción carísima. De feito, entendemos que non vai ser a única explotación de leite ecolóxico que retorne á produción convencional: terminadas as axudas económicas do CES, outras explotación han de seguir o mesmo camiño en breve.
 
  • E certo que a transformación do leite ecolóxico esta mal repartida. De feito, esta en mans dunha empresa multinacional. Pero tamén de polo menos 6 produtores que transforman eles. A empresa en cuestión ten moi claro, dende vai tempo, que quer ter a exclusividade da compra de leite ecolóxico, e o esta conseguindo ben neste país. De feito, tambén o consigue en convencional, ao ser a maior compradora de leite galego. Velaí outravolta as consecuencias de non existir unha infraestrutura galega de transformación nin un plantexamento estratexico da produción de leite no país.
 
  • En canto as axudas económicas, debemos sinalar que as nosas análises mostran que non son o factor máis importante para explicar que as explotacións ecolóxicas saquen nestes intres máis beneficios que as convencionais. Estas axudas (o Contrato de Explotación Sustentábel, ou CES) as perciben todos os produtores ecolóxicos que as solicitaron atá o 2010, e iso a pesares de que son un completo caos pola súa desastrosa xestión dende a consellería correspondente. Polo tanto, é moi curioso que esta explotación non recibira as axudas. O que sí esta claro é que esta consellería desdeña totalemente estas axudas, atá deixa-las sen convocar dende o ano 2010, cando en realidade a Xunta só ten que aportar o 25% do seu financiamento. De feito, hai tanto interese por parte da Administración que non é nada doado atopar algunha información na web correspondente, mostra da total despreocupación polo tema.
 
  • Sinalar finalmente que esta situación non fai senón reflectir a completa falta de interese por parte da Administración para o desenvolvemento da produción ecolóxica, que sigue sendo destinada basicamente a ocupar, de cando en vez, titulares de xornal, sen máis. Lembremos que a Xunta de Galicia eleborou no seu momento unha estratexia de desenvolvemento da produción ecolóxica, que quedou como un bonito documento para arquivar en un caixón. Vemos o resultado...


EN CONCLUSION


Non é certo que producir leite ecolóxico non sexa rendíbel. E máis:


NESTE INTRE, A PRODUCIÓN ECOLÓXICA E UNHA OPORTUNIDADE FRONTE AO PREZO DE PENSOS E LEITE



Para que explotacións? Iso, xa o veremos noutro post!...







Ningún comentario:

Publicar un comentario