Hoxe, imos ver como montar unha horta urbana comunitaria en campo, collendo o exemplo da nosa colaboración coa Universidade da Coruña (UDC).
Primeiro: ter demanda! :)
Parece tonto, pero se ninguén ten interese, se non hai destinatarios/as, non ten sentido face-lo! Neste caso, a demanda xurde a Oficina de Medio Ambiente da UDC, con varios obxectivos, entre os que destaca a labor didáctica e formativa para as persoas que han de cultivar.
Segundo: facer un proxecto real
Un proxecto que recolla, como aspectos importantes:- Distribución das hortas, tamaño...
- Normas de funcionamento
- Necesidade de compras (material, plantas...)
- Plan de formación e acompañamento
Terceiro: preparar o terreo
Collese unha finca nas condicións na que se colle, e hai que leva-la a ser terra de horta... tarefa non sempre moi doada! Hai que definir como imos labrar e preparar todo isto. Neste caso, encalamos, botamos algún abono ecolóxico e máis compost, abono verde, laboreo.
Este era o aspecto ao inicio, cando fixemos as primeiras análises...
... abonando...

... i este era o aspecto cando as entregamos para iniciar a plantación (maldito tempo deste ano, que se nos pasou o abono verde...)
Cuarto: xuntar a xente, e que empecen a traballar

Sen esquecer o establecemento de infraestrutura ecolóxica, en elementos comúns e, entón, con traballo comunitario (tamén iso é aprendizaxe!): aquí facendo unha morea de pedras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario