- só se debe facer se non hai outra posibilidade, e se debe elixir as estradas de menor tráfico
- deben ir custodiados por unha persoa maior de 18, polo menos.+
- Esta persoa debe dominar os animais en todo momento.
- na estrada:
- non invadir a zona peonil
- circular pola dereita
- non deben invadir máis da metade do carril dereito
- deben facilitar o máximo posíbel o paso dos coches
- se fai falta para isto dividir o rabaño en distintos lotes, cada un debe ir con unha persoa
- levar luces se é de noite ou con pouca visibilidade
Dito doutro xeito: non hai ningunha norma que obrigue a que vaia máis dunha persoa, pero como hai que ter o rabaño controlado sempre...
Na maioría das vías que empregamos, que son estreitas, é evidente que non é posíbel cumprir esta normativa.
Pero polo menos, xa sabedes o que, en teoría, hai que facer...
Foto: http://bit.ly/1bAR1O2
(normas escollidas da regulamentación de tráfico, circulación e seguridade vial, capítulo VI, artigos 126 a 128)