Hoxe, longo día de traballo/descanso, segundo se mire...
Pequeno percorrido para ver paisaxes, até achegarnos a ve-lo mar, mesmo se foi dende lonxe.
Primeira visita en explotación con... 9 vacas de leite, que vende leite,
carne, algo de horta, iogurte, todo en venda directa. Instalacións
novas, moi cómodas. Un enxeñeiro agrónomo que volveu ao caserío dos seus
pais, e que saca o seu soldo de alí.
Un pouco de descanso...
Segunda visita en explotación de 22 vacas de leite, con venda directa de leite pasterizado e iogurtes.
Ultima visita en explotación de 8 vacas de leite, máis 3000 metros de horta ao aire libre e 250 en invernadoiro, con venda de leite crú en bolsas, de leite pasterizado e iogurtes. Todo en venda directa.
Moitos intercambios, as veces nos parece que estamos vivindo en países totalmente distintos (bon, en realidade, é así!). Moito máis facilidade para a instalación de unidades de transformación e envasado na casa, dende logo.
Unha xente moi acolledora, que nos ensina todo isto con gusto e moitos ánimos. A verdade que en bastantes cousas nos cambian esquemas, salvando as diferenzas, evidentemente, de situación xeográfica e poder adquisitivo de consumidoras/es. Ou sexa, que de momento, ben!
Ningún comentario:
Publicar un comentario