xoves, 7 de marzo de 2013

Viaxe de estudo no país vasco. 3ª xornada





Arrincando pola mañá, houbo sorte, non choveu en toda a viaxe!












Comezos do día: compra de queixo artesán


 

  
 
Seguimos coa visita a unha explotación de 55 vacas en muxido, frisonas. Venda de 600 litros diarios en venda directa: leite en bolsas e distribuidores automáticos. O resto da produción véndese á central. Un proxecto moi coidado, con tres persoas traballando







 
 
 
O robot de limpeza, é polo detalle de ve-lo corretear por alí!




 Pola tarde, algúns quilómetros máis para ver a Joseba, que está só na súa explotación. 17 vacas flevieck, moi pouco terreo, e toda a produción en venda directa: leite en varios formatos. Para evitar tirar leite non vendido á fosa de xurro (que a crise esta pasando factura no consumo), empezou a facer queixo fresco tipo Burgos.

 


 Unha bao viaxe, algo paliza, porque chegamos tarde. Cansados, pero contentos.













Ningún comentario:

Publicar un comentario