martes, 19 de febreiro de 2013

Visitas nos cursos de horta ecolóxica

Dentro da programación dos cursos de horta ecolóxica que estan rematando, estivemos de visita por dúas explotacións de horta. Unha explotación ecolóxica, finca As Fadegas, en Ribadeo. Outra explotación convencional, con obradoiro de envasado, Horta Trigás, que forma parte da SAT Labregos de Lugo. Dende aquí, agradecemos de novo a acollida que tivemos en ambas explotacións. E tamén agradecemos todo os saberes, coñecementos e a experiencia que ben quixeron compartir co alumnado do curso.

E por riba, nin nos choveu!









Ningún comentario:

Publicar un comentario