ATENTOS/AS!
O 6 de xuño, terá lugar no CIAM (Mabegondo) unha xornada para explicar como se vai a financiar no futuro próximo a innovación no campo.
POTENCIAL IMPLICACION DE TODOS OS AXENTES SOCIAIS !
Suponse que a traveso desta nova estratexia europea, vai-se favorecer a implicación de múltiples axentes sociais implicados no rural, para formaren grupos que orienten a labor de innovación no campo. A tradución disto na realidade esta nas mans da Xunta de Galicia.
Evidentemente, Cooperativas, sindicatos agrarios, universidade e outros entes con capacidade informativa xa estan ao tanto deste futuro, chamados pola financiación que pode caer dende alí; pero non é asi no caso de pequenas estruturas, asociacións de produtores, culturais, ambientais, etc...
Por iso, recomendamos a todas as persoas e colectivos a que se animen a asistir á esta xornada, para que se enteren ben do que se xoga neste futuro.
Aquí vai o enlace para máis información e inscrición (prazas limitadas, apuntarse con rapidez!)